Benvidos a EmerxeMorrazo

Esta é a paxina web da Fundación EmerxeMorrazo, e do programa de apoio a artistas emerxentes da comarca. Punto de encontro para artistas, programadores e todo o público con interés nas actividades dos artistas do Morrazo.

O Programa EmerxeMorrazo nace para fomentar e apoiar as inquedanzas artísticas que sen a orientación e apoio axeitado se quedarían no tinteiro, traballando tanto cos artistas como cos axentes culturais, para a posta en valor dos artistas emerxentes actuais e ofrecer o marco de aopio para que outros se animen.